Festival en Vimianzo, Asalto ao Castelo

Un percorrido novo para a VIII Legua Irmandiña. Xa te podes inscribir!

Portada · Novas · Un percorrido novo para a VIII Legua Irmandiña. Xa te podes inscribir!

7

O Terra de Soneira C. D., a asociación Cherinkas xunto co Concello de Vimianzo presentaron este martes no Castelo de Vimianzo o cartel da VIII Legua Irmandiña e abren o prazo de inscrición para anotarse.

PODES INSCRIBIRTE AQUÍ

A carreira celebrarase o sábado 29 de xuño a partir das 21h00 para as distintas categorías dende pitufos até a absoluta. A “Legua Irmandiña” desta última categoría, contará cun novo percorrido de 5 quilómetros aproximadamente e seguirá tendo a súa mítica meta sobre a antiga ponte levadiza do castelo.

Como explicou Vanesa Caamaño, do Terra de Soneira C.D, “ademais da fermosa chegada ao Castelo, o percorrido novo repetirase os vindeiros anos”, xa que se pretende establecer un tempo récord de referencia para as próximas edicións.

As categorías infantís poden inscribirse gratuitamente, mentres que na categoría absoluta haberá un cota de 5€. As inscrición faranse a través da páxina www.cronotec.es e a data limite para facelo é o 24 de xuño as 23h59.

Como lembraba a alcaldesa de Vimianzo, “é un orgullo sumar ao Asalto unha proba tan representativa como a Legua Irmandiña”. E é que esta carreira celébrase como actividade de saída do Asalto ao Castelo, dunha intensa programación que será presentada este xoves no castelo de Vimianzo. Enrique Santos, da asociación Cherinkas, anima ás corredoras e corredores a “viren disfrazados para desfrutar e pasalo ben nesta carreira tan orixinal”.

Comparte!