Festival en Vimianzo, Asalto ao Castelo

Prensa

Portada · Prensa

7

Se vas cubrir o Asalto ao Castelo para un medio de comunicación, é obrigatorio contar cunha ACREDITACIÓN DE PRENSA. Ademais iso permitirache entrar en determinados lugares aos que non pode acceder todo o público.

É preciso enviar ao enderezo comunicacion@asaltoaocastelo.gal os datos da persoa (nome, apelidos e DNI), teléfono de contacto, función e medio de comunicación ao que representa. Só se entregarán acreditacións ás persoas que reciban a confirmación por parte da organización, non podendo solicitala no mesmo día do evento.

Para entrevistas, reportaxes, consellos sobre a festa e demais atenderemos con gusto as túa dúbidas en comunicacion@asaltoaocastelo.gal.