Festival en Vimianzo, Asalto ao Castelo

Acampada

Portada · Acampada

7

Para vir ao Asalto, se prefires montar o teu propio campamento irmandiño, podes facelo con vistas ao castelo. Habilitamos uns terreos para que poidades acampar na mesma contorna do campo da festa, onde se celebra o festival. Isto é, debaixo do Campo de fútbol municipal de Vimianzo. O único acceso en coche posible será desde a rúa da Fonte dos Cabalos.

Ademais, este ano habilitamos un novo espazo para durmir: o pavillón municipal, situado trala Casa do Concello, á beira do paseo fluvial.

A zona de acampada é de entrada libre e gratuíta, sen posibilidade de reserva previa. Os lugares iranse cubrindo por orde de chegada.

Poñemos á túa disposición as duchas das instalacións deportivas próximas para que poidas asearte.

Pregamos respecto ao descanso dos demais irmandiños e coidado pola contorna que utilizas, pedíndoche que nos devolvas o lugar como o encontraches.

Acampada Asalto ao Castelo

ÁREA DE SERVIZO DE AUTOCARAVANAS

Nas Cabreiras, na zona do Campo da Festa do Asalto, existe unha área de servizo para autocaravanas municipal, de balde e uso libre con 11 prazas. Auga potable, electricidade e baleirado de augas grises e negras.

Se vas durmir en furgoneta ou similar, recomendamos aparcar na mesma contorna da zona 1 de acampada, ou directamente no Parque Empresarial, que está ao lado indo a pé por un camiño de terra, e asegurades tranquilidade para o descanso.

 

ZONA 1. CAMPO DA FESTA.

ZONA 2. PAVILLÓN MUNICIPAL.

ÁREA DE SERVIZO DE AUTOCARAVANAS