Ao abeiro da festa do Asalto ao Castelo, organízase esta carreira popular o sábado 27 de xuño de 2026, vertebrada co Castelo de Vimianzo e cun percorrido de 5 km de distancia, mantendo o espírito simbólico da antiga unidade de medida: a legua.
Pouco despois do nacemento desta actividade, o alento popular cristalizou no club de atletismo vimiancés Terra de Soneira, coorganizador do evento xunto coa A. C. Cherinkas e o Concello de Vimianzo.
A carreira nace imbuída do espírito do Asalto, de tal xeito que a chegada ao Castelo estará ambientada e decorada para a ocasión, convertendo a meta nun momento único e simbólico. Ademais, trátase dunha das primeiras carreiras nocturnas da Costa da Morte, cun ambiente festivo e familiar.
Todas as idades terán acubillo nas distintas categorías que conforman a proba, dende a base ata a absoluta.
Tras o éxito das últimas edicións, este ano volveremos limitar a categoría absoluta a 200 participantes, co obxectivo de garantir a seguridade e a calidade do evento no interior do Castelo, onde terá lugar o avituallamento final e a entrega de premios.
Desde o ánimo irmandiño, convidámosvos a participar e a asaltar ás carreiras o Castelo.
Arde Soneira!