Festival en Vimianzo, Asalto ao Castelo

Resolución do II Concurso de Microrrelatos irmandiños

Portada · Novas · Resolución do II Concurso de Microrrelatos irmandiños

7

Por orde do señor Alonso II de Fonseca, dono e señor destas terras e magno mecenas das artes, FAISE SABER

LER TODOS OS MICRORRELATOS

QUE o xuri do II Certame de Microrrelatos Irmandiños recoñece o mérito dos textos presentados, e agradece a participación xenerosa da comunidade intra e extramuros

QUE a decisión dos premios concedidos a seguir é inapelábel

QUE as persoas que se mencionarán a continuación, pasen a recoller ipso facto as recompensas que no exercicio do seu labor literario lles foron concedidas

QUE o microrrelato ao que se lle outorga o 3º premio, intitulado Herdeiros da cinza, resultou ser autoría de Alba Prieto Ramil, de Ortigueira. RELATO 3.

QUE o microrrelato ao que se lle outorga o 2º premio, intitulado Lume, resultou ser autoría de Pablo Ferreiro Amigo, de Vimianzo. RELATO 9.

QUE o microrrelato ao que se lle outorga o 1º premio, intitulado Un soño de loita, resultou ser autoría de  Antía Dosil Bermúdez, de Vigo. RELATO 7.

QUE, letras mediante, o xuri e a organización desde Certame teñen a intención de darlle continuidade no futuro e que, por tanto, no futuro agardarmos volver a vernos

Dito foi e dito queda por Alonso II de Fonseca, amo e señor destas terras e magno mecenas das artes.

Comparte!