Xa está aberto o prazo de inscrición para a XIV Feira Artesanal, que terá lugar o sábado 4 de xullo de 2026 na Praza do Concello. Os artesáns interesados en participar teñen até o venres 5 de xuño para formalizar a súa solicitude de xeito telemático a través da web oficial do festival.
Unha vez presentada a solicitude de praza, a organización, a partir do 6 de xuño, revisará as solicitudes presentadas e seleccionará un máximo de 15 postos, tendo en conta a participación en edicións anteriores, a orixinalidade, a calidade artesanal dos produtos, a variedade das propostas presentadas, e o equilibrio global da feira. As solicitudes que se queden fóra desta lista de 15 pasarán a ser suplentes e non caso de haxa algunha renuncia comunicaráselle para que formalicen a inscrición.
Non se aceptan postos que ofrezan comida ou bebida. Porén, si se aceptan os produtos ecolóxicos/naturais, sempre que non estean destinados a seren consumidos durante a feira.
