Festival en Vimianzo, Asalto ao Castelo

Preguntas frecuentes

Portada · Preguntas frecuentes

7
É obrigatorio asistir con traxe da época?

Agás na Cea Medieval, onde si volo pedimos expresamente, no resto da festa podes vir como máis che preste. Evidentemente vainos facer máis ilusión vervos ao modo irmandiño, e sorprenderíaste do cómoda que é unha túnica para bailar.

Onde comer en Vimianzo?

De comer non vai faltar. Lembra que a maioría da hostalaría terán os Pinchos Irmandiños e tamén haberá postos na praza do Concello. Ademais durante o festival do sábado á noite teremos postos de comida no campo da festa. 

Hai zona de acampada?

Si, no Asalto ao Castelo de Vimianzo temos zona de acampada libre e gratuíta, sen posibilidade de reserva previa, por orde de chegada. Consulta máis información sobre a acampada.

Podo pagar con tarxeta?

Si, a maxia é posible no Asalto. Xa non fai falta que vivas amarrada/o ao diñeiro en efectivo.

CANDO PODO COLLER A MIÑA PULSEIRA?

Para axilizar e evitar esperas recomendamos recoller a pulseira antes dos concertos do festival. Podes conseguila o venres á noite, na cea medieval e concertos; ou sábado durante todo o día no noso stand irmandiño na praza do concello.  

Deberás traer a túa entrada no móbil (coa pantalla en boas condicións) ou impresa, para poder ler o código. A entrega da pulseira, que é é persoal e intransferible, farase só a quen se presente fisicamente no posto de pulseración. Non permitimos recoller a pulseira de outras persoas non presentes. Durante a festa a pulseira non se pode quitar nin manipular.

Como podo recargar A MIÑA PULSEIRA?

Até o xoves 4 de xullo (23h59), está dispoñible na web woutick.es a opción de pre-carga. Facéndoo deste xeito conseguirás euros (en token) de regalo (Recargas de 20 euros + 2 token e recargas de 50 euros + 7 token). É unha maneira de aforrar tempo e evitar as esperas!

Para recargar fisicamente nos días da festa poderás facelo o venres á noite, nos concertos trala cea medieval; sábado durante o día na praza do concello no stand irmandiño; e sábado a partir das 21h no punto de recarga do campo da festa. 

Poderás saber o saldo que che queda na pulseira cada vez que recargues ou consumas preguntándolle ao persoal da organización. Lembra que se tes token (euros de regalo), deberás consumir a cero o saldo da túa pulseira para gastalos, pois automaticamente gástanse primeiros os euros e despois os token. 

Cando podo recuperar o diñeiro non gastado da pulseira?

Se che quedou diñeiro na pulseira non gastado, terás unha semana enteira para poder recuperalo. Concretamente do 8 ao 14 de xullo. Accede aquí ao link directo de woutick para solicitar a devolución de cantidades restantes en pulseira.

Lembra que non podes perder a túa pulseira, pois nela hai un código que deberás inserir para reclamar o teu diñeiro. Como é lóxico, só se pode recuperar o diñeiro real investido, non os token ofrecidos de regalo.

Podo entrar con bebida no recinto do festival?

Non, só con botellas de auga sen tapón. Por seguridade, haberá control de entrada. Por outro lado, lembra que o Asalto é unha festa organizada por entidades sen ánimo de lucro. Todo o que colabores contribúe a crear un Asalto mellor e con futuro. 

Podo USAR vasos doutros festivais?

Claro! E por que non ías poder? Mentres non sexa de vidro non hai problema. No Asalto poderás conseguir o noso vaso reutilizable. Por operatividade da organización non se recollen os vasos de volta. Se non trouxeches o teu da casa, poderás usar o do Asalto na seguinte festa.  

Que fago se perdo algo no Asalto?

Podes contactar connosco a través das redes sociais ou no punto de información da festa. Nos días seguintes compartimos fotos dos obxectos perdidos.

É un festival accesible a persoas con mobilidade reducida?

Si, no festival tentamos eliminar todas as barreiras arquitectónicas posibles. Habilitamos varias prazas de aparcadoiro exclusivas na contorna do miradoiro da Torre. 

Para unha mellor atención ás túas demandas, podes contactar connosco a través das redes sociais con anticipación para saber das túas necesidades.

Se necesito asistencia médica, que podo facer?

Contamos con servizo de emerxencias nas proximidades. Ademais, en Vimianzo existe un centro de saúde con Punto de Atención Continuada, Urxencias 24 horas.

Servizo de Cociña

Zona de Acampada e Duchas

Traxes para alugar ou mercar

Stand Irmandiño na praza do Concello

(bebida, tenda, información, obtención de pulseira e pre-carga)

Entrada de balde

(Entradas de pagamento para Manu Chao)

Non fagas botellón

Colabora coa festa, ten en conta que non temos ánimo de lucro. Non se pode entrar con vidro. Non se servirá alcol a menores