Organizado pola hostalaría de Vimianzo.

CAFÉ-BAR O AGOCHO: Follados con talladas
Exquisito moado feito con ovo do corral e fariña de trigo das mellores leiras, con touciño de porco criado na casa, cun chisco de leite recén muxido e auga das fontes inagotables do noso val.
INGREDIENTES: Ovos, fariña, leite, panceta ibérica, sal.
ALÉRXENOS: Ovo, glute, lactosa.
HORARIO: Ininterrompido

O PETOUCO: O RECHEO DO MARIÑEIRO
Un bocado con sabor a mar e a tradición.
Nesta creación, o mar entra pola boca e queda na memoria. Sobre unha base crocante de pan artesanal, aséntase unha falsa salsa de tomate feita con cebola, limón e allo, que lembra o solpor sobre o mar. Enriba, chipiróns tenros que falan de lonxas e madrugadas, e unha fina capa de queixo derretido que lle dá cremosidade e carácter. O ceboliño fresco achega o toque verde, coma as ondas rompendo na beira. Cóntanos unha historia, a dun mariñeiro, o seu recheo e os sabores que trae o mar.
INGREDIENTES: Pan, chipiróns. Cebola, azucre, limón, sal, allo, colorante, ceboliño, queixo, salsa Pedro Ximénez.
ALÉRXENOS: Glute, Moluscos, Lácteos.
HORARIO: MÍNIMO de 12h a 15h e de 19h a 23h, de martes a sábado.

06:30: ESPADA IRMANDIÑA
Bocados de lembranza envoltos en cremoso agarimo.
Nas mans que amasan a vida e no corazón da cocina, nacen estes panetti, pequenos tesouros dourados, cheos de memoria e tenrura. Comer un panetti é lembrar que a cociña é lar, é casa, é amor envolto en fariña…
INGREDIENTES: fariña, polo, bechamel e champiñóns.
ALÉRXENOS: ovo, glute, lactosa.
HORARIO: MÍNIMO de 12h a 15h e de 19h a 23h, de martes a sábado.

A RÚA: TORRADA DOS CONDES
Pan firme coma a furia das xentes, anchoas salgadas coma o mar rebelde, mel dourada coma o sol da treboada, que adoza a loita mais non apaga a valentía. Noz quebrada, forte como muralla caída, queixo brando, cal consolo na ferida.
INGREDIENTES: queixo mascarpone, anchoas, noces, mel de caña, pementa, aceite de oliva, pétalos, pan.
ALÉRXENOS: lactosa, glute, peixe, froitos secos.
HORARIO: Ininterrompido

CELME: HABEMUS PAPA-TORIA
Cociñamos a baixa temperatura e durante varias horas o porco ao forno para desfebrelalo, e engadímoslle o mollo para que colla o sabor… Logo montamos sobre un pan brioche, con canónigos e cebola encarnada.
INGREDIENTES: pan brioche, carne de porco, canónigos, cebola.
ALERXENOS: glute.
HORARIO: mañá e tarde de martes a venres. Sábado ata esgotar existencias.

PANIGNACIO: MANXARES DE ORIENTE
Pan do pobo, sen señoríos, que che alimenta a furia e o brío. ¡Comédeo quente, coma os irmandiños, coa fame de xustiza entre os dentes! Que ningún fidalgo che roube o último bocado…
INGREDIENTES: Pan artesán con sementes (fariña de trigo, fariña de centeo, masa nai de centeo, sal e lévedo). Recheo (allo, cebola, cenoria, cabaciña, cogomelos, atún, viño branco, queixo e curry)
ALÉRXENOS: glute, lactosa, peixe, sementes, sulfitos.
VERSIÓN VEGANA: apta para intolerantes ao glute. Suplemento 1€.
HORARIO: MÍNIMO de 12h a 15h e de 19h a 23h, de martes a sábado.

A LAREIRA: CATAPULTAS DE POLO IRMANDIÑO CON ESCABECHINA
Ouro de aceite, herbas e aceiro. O polo rende a súa armadura, a cenoria canta dulzor, o Loureiro e o tomillo rezan ao lume. Que o lume leve este festín ás bocas dos famentos!
INGREDIENTES: polo, cenoria, cebola, allo, Loureiro, tomiño, champiñóns, rúcula, laranxa, limón, vinagre de sidra, pementa, aceite de oliva.
ALÉRXENOS: Non contén.
HORARIO: MÍNIMO de 12h a 15h e de 19h a 23h, de martes a sábado.

MONTEVIDEO: CACHOTIÑO REBELDE
Unha explosión de sabor galego con actitude. Suculento cachopo de porco recheo de cremoso queixo fundido e xamón curado, coroado coa nosa mestura rebelde de maionesa caseira de chimichurri. Todo isto entre pan crocante e tostado, listo para conquistar os máis valentes. Tradición con descaro… e moito sabor.
INGREDIENTES: Pan brioche, filete de porco, queixo, xamón curado, maionesa.
ALÉRXENOS: glute, leite, ovos, sulfitos, sésamo, mostaza.
HORARIO: Ininterrompido

RISCO: CHURRUSCO DA CASA DO GALLEGO
Churrusco de pan recheo de xamón de porco asado a baixa temperatura, acompañado dun mollo de maionesa trufada, un toquiño de cebola tostada e rúcula.
INGREDIENTES: pan, xamón de porco, maionesa, cebola, rúcula.
ALÉRXENOS: glute, ovo, sulfitos.
HORARIO: MÍNIMO de 12h a 15h e de 19h a 23h, de martes a sábado (SÁBADO ata esgotar mercadoría).

A FONTE: BOCADO DE REBELIÓN
Sabores que levantan revoltas. Pan ao vapor recheo de porco especiado, cebola fritida, salsa kimchi e rúcula da terra. Un bocado rebelde, crocante por dentro, tenro por fóra, inspirado na loita dos Irmandiños contra os abusos da nobreza no noso Castelo de Vimianzo.
INGREDIENTES: pan bao, carne de porco, cebola fritida, salsa kimchi, rúcula.
ALÉRXENOS: glute, soia, sulfitos.
HORARIO: a partir das 18h

VÍA RÁPIDA – AS FABAS MÁXICAS
Inspirada no espírito rebelde das Revoltas Irmandiñas, esta receita combina os sabores do mar e da terra, nun guiso poderoso e contundente, coma o pobo que se alzou contra os señores feudais. Os chipiróns representan a astucia, as gambas o lume da revolta e as fabas, a forza campesiña.
INGREDIENTES: fabas, gambas, guindilla, chipiróns, aceite de oliva e perexil.
ALÉRXENOS: moluscos, crustáceos.
HORARIO: a partir das 19h. Sábado non.

PAZO DE TRASARIZ: SEGREDO MARTELO EN TRASARIZ
Pan tenro que cede,
carne que se desfai,
repolo que canta,
salsa que abrasa.
Unha bágoa de manteiga,
un sorriso no prato.
INGREDIENTES: boliño (fariña de trigo, auga, fermento de levadura e sal). Recheo (carne mechada de porco landrán a baixa temperatura no seu mollo. Repolo en xuliana finiño. Salsa de laranxa e mostaza)
ALÉRXENOS: glute, mostaza, apio.
HORARIO: ININTERROMPIDO.

ALGAREIRA: LA TENTACIÓN DEL JUGLAR
“La empanadilla que hizo bailar a reyes y bufones por igual”.
Mucho antes de que cruzara el océano, ya el juglar viajero llevaba entre sus ropas una masa rellena, dorada y sabrosa, que calentaba corazones en castillos y tabernas. No es solo un pincho… es una canción de sabor.
INGREDIENTES: Carne de tenreira, carne de porco, cebola, aceite de oliva, manteiga de vaca, condimentos (sal, pementa, ourego, pementón)
ALÉRXENOS: trigo, ovo, mostaza. | VERSIÓN SEN GLUTE: Ovo, mostaza.
VERSIÓN SEN GLUTE
VERSIÓN KETO: Suplemento 1€.
HORARIO: Só de 19h a 23h, de martes a sábado.

O LAGAR DE MANUELA: O SILENCIO DO CORDEIRO
Temos o gusto, dende Lagar de Manuela, de presentarvos o noso Pincho Irmandiño deste ano… Cordeiro! Criado polas agras de Cures, desmenuzado sobre base salteada de cogomelos e castañas dos nosos castiñeiros, Que esperas a probalo?
INGREDIENTES: castañas, champiñóns, allo, año esfiañado no seu mollo.
ALÉRXENOS: non contén.
HORARIO: Ininterrompido

CASA LANDEIRA: IRMANDIÑAS
Comédeas coas mans,
que toda revolución comeza
por manchalos dedos…
Saben a fogóns clandestinos e a vitorias efémeras. Cada unha leva dentro o mapa dunha Galicia que puido ser, condimentado cos suspiros dos que levantaron as fouces.
INGREDIENTES: fariña, ovo, manteiga, aceite oliva, cebola, leite, carne tenreira, carne de porco celta.
ALÉRXENOS: glute, lácteos, ovo.
HORARIO: Ininterrompido