Festival en Vimianzo, Asalto ao Castelo

Como podo participar na Feira Artesanal do Asalto ao Castelo?

Portada · Novas · Como podo participar na Feira Artesanal do Asalto ao Castelo?

7

Despois do éxito da última edición, con récord de postos inscritos, volve a Feira Artesanal do Asalto, na súa duodécima edición. O sábado 6 de xullo durante todo o día artesáns e produtores de alimentos ecolóxicos poderán vender na contorna da praza do Concello e rúas do centro da vila. O prazo para inscribirse como feirante xa está aberto. 

BASES E INSCRICIÓN

Non se aceptan postos de revenda nin de produtos de segunda man, tan só postos de venda de produtos ecolóxicos/naturais. Tampouco se aceptan postos que ofrezan comida ou bebida para seren comidos durante a feira.

Como novidade, este ano haberá un concurso entre os postos participantes no que se valorará a decoración e ambientación medieval. Para máis información: feiraartesanalasaltoaocastelo@gmail.com

Comparte!