Festival en Vimianzo, Asalto ao Castelo

Pulseiras: onde recollelas, como cargalas…

Portada · Novas · Pulseiras: onde recollelas, como cargalas…

7

Chegou o momento de presentarvos a pulseira deste ano. Para entrar no recinto do concerto de Manu Chao será obrigatorio facerse con ela.

🔥Cando collo a pulseira?
Se tes entrada para Manu Chao, recolle a túa pulseira o venres á noite, na cea medieval e concertos; ou sábado durante todo o día no noso stand irmandiño na praza do concello. É un xeito de que evitemos as colas e esperas!

🔥Para cando vale a pulseira?
Podes consumir coa pulseira tanto venres como sábado en calquera dos concertos do festival.

🔥Como recargar a pulseira?
Até o xoves 4 de xullo (23h59), está dispoñible na web woutick.es a opción de pre-carga. Facéndoo deste xeito conseguirás euros (en token) de regalo (Recargas de 20 euros + 2 token e recargas de 50 euros + 7 token). É unha maneira de aforrar tempo e evitar as esperas!

Para recargar fisicamente nos días da festa poderás facelo o venres á noite, nos concertos trala cea medieval; sábado durante o día na praza do concello no stand irmandiño; e sábado a partir das 21h no punto de recarga do campo da festa.

🔥Non gastei todo o diñeiro, como o recupero?
Se che quedou diñeiro na pulseira non gastado, terás unha semana enteira para poder recuperalo. Concretamente do 8 ao 14 de xullo. Aquí podes acceder á ligazón directa de woutick para devolucións de cantidades non gastadas en pulseira no Asalto.
Lembra que non podes perder a túa pulseira, pois nela hai un código que deberás inserir para reclamar o teu diñeiro. Como é lóxico, só se pode recuperar o diñeiro real investido, non os token ofrecidos de regalo.

Comparte!