VOLTA A REVOLTA DAS LETRAS NO ASALTO AO CASTELO 2026
II CERTAME DE MICRORRELATOS IRMANDIÑOS
As asociacións CHERINKAS E INCUDE (Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias da Universidade da Coruña) convocan o II Concurso de Microrrelatos Irmandiños no marco do Asalto ao Castelo de 2026.
Animan a todas as persoas con querenza pola narrativa breve a participar no concurso, cuxo tema central terá que ver coa revolta irmandiña. O fin de prazo de inscrición remata o 28 de xuño. Bases do concurso:
- Participantes: Aberto a todas as persoas.
- Temática: Revolta Irmandiña.
- Extensión: Máximo de 50 palabras.
- Idioma: Galego.
- Envío: A través de incude@udc.gal.
- Modo de inscrición: envío do relato en documento adxunto (con título e pseudónimo) e noutro documento os datos persoais (nome completo, DNI, localidade, teléfono e correo electrónico).
- Prazo: Ata o 28 de xuño de 2026.
- A autoría dos certames será orixinal, o que implica non poder facer uso da intelixencia artificial, e inédita.
- Premios: Agasallo da asociación para os tres mellores relatos.
- Xurado: Decidido pola Xunta Directiva de INCUDE, con decisión inapelable.
- A cerimonia de entrega de premios terá lugar no día central do Asalto, isto é, o primeiro sábado de xullo, á hora disposta na programación.
- A recollida dos premios será presencial. No entanto, se por algún motivo a persoa premiada non pode acudir, pode delegar noutra persoa facendo constar os datos da persoa que substitúe á premiada a través do correo arriba indicado.
- Publicación: Os relatos presentados, sexan ou non premiados, pasarán a pertencer á entidade organizadora do certame e, por tanto, poderán ser publicados.
- A participación no concurso implica a aceptación íntegra destas bases.
