Festival en Vimianzo, Asalto ao Castelo

Esgotadas as entradas para a noite do sábado do Asalto

Portada · Novas · Esgotadas as entradas para a noite do sábado do Asalto

7

Xa non quedan entradas para os concertos do sábado á noite do Asalto ao Castelo de Vimianzo. Polo tanto, o cartel do sábado con Alana, The Rapants, a representación do Asalto, Heredeiros da Crus, Firkin e Mekanika Rolling Band xa ten o aforo completo e non será posible acceder sen o pase adquirido previamente. Tampouco haberá venda de entradas físicas en taquilla, pois todos os pases dispoñibles esgotáronse a través da plataforma online Woutick o pasado martes 1 de xullo, despois de estaren cinco meses dispoñibles á venda. A venda acelerouse nestes últimos días completando a capacidade do recinto estipulada por seguridade e maior comodidade para o desfrute da festa por parte do público interesado.

No entanto, aínda hai unha oportunidade para gozar da festa. A noite do venres, despois da Cea Medieval, haberá concertos de acceso libre e gratuíto con Monoulious Dop, Che Sudaka e La Yaya DJ. Ademais o Asalto ao Castelo de Vimianzo complétase cun amplo programa durante varios días con practicamente todas as actividades de acceso libre e gratuíto, podes consultalas aquí.

Comparte!