Festival en Vimianzo, Asalto ao Castelo

Concurso de microrrelatos irmandiños, como participar?

Portada · Novas · Concurso de microrrelatos irmandiños, como participar?

7

Este ano, por primeira vez, o Asalto ao Castelo de Vimianzo lanza, co INCUDE da Universidade da Coruña, o I Concurso de Microrrelatos Irmandiños, unha oportunidade para que persoas de todas as idades poidades deixar libre a imaxinación e o espírito da Revolta Irmandiña, tanto no pasado como no presente!

Só són máximo 50 palabras!

BASES DO I CONCURSO DE MICRORRELATOS IRMANDIÑOS ASALTO AO CASTELO 2025

  1. Participantes: Aberto a todas as persoas.
  2. Temática: Revolta Irmandiña.
  3. Extensión: Máximo de 50 palabras.
  4. Idioma: Galego.
  5. Envío: A través de incude@udc.gal.
  6. Modo de inscrición: envío do relato en documento adxunto (con título e pseudónimo) e noutro documento os datos persoais (nome completo, DNI, localidade, teléfono e correo electrónico).
  7. Prazo: Ata o 27 de xuño de 2025.
  8. Premios: Trofeo da asociación para os tres mellores relatos.
  9. Xurado: Decidido pola Xunta Directiva de INCUDE, con decisión inapelable.
  10. A cerimonia de entrega de premios terá lugar no día central do Asalto, isto é, o primeiro sábado de xullo, á hora disposta na programación.
  11. A recollida dos premios será presencial. No entanto, se por algún motivo a persoa premiada non pode acudir, pode delegar noutra persoa facendo constar os datos da persoa que substitúe á premiada a través do correo arriba indicado.
  12. Publicación: Os relatos presentados, sexan ou non premiados, pasarán a pertencer á entidade organizadora do certame e, por tanto, poderán ser publicados.
  13. A participación no concurso implica a aceptación íntegra destas bases.
Comparte!