Festival en Vimianzo, Asalto ao Castelo

Pinchos irmandiños

Portada · Actividades · Pinchos irmandiños

7
Pinchos irmandiños

Organizado pola hostalaría de Vimianzo.

A FONTE: PENEIRA DO LIÑO

A FONTE: Peneira do Liño

Pan artesán de forma circular recheo dunha ensalada fría con vexetais variados e unha suave crema de maionesa caseira, bañada nunha vinagreta de froitos vermellos e rematado con semillas naturais do noso liño vimiancés.

ALÉRXENOS: Soia, peixe, mostaza, ovo, lácteos, sésamo, glute.

HORARIO: MÍNIMO de 12h a 15h e de 19h a 23h., de martes a sábado.

PAN IGNACIO: O LEITO DA CONDESA<br />

PAN IGNACIO: O LEITO DA CONDESA

Esponxosa torrada de orixe romana condimentada con romeu, olivas negras e aceite de oliva; cuberta cun guiso da carne da porca da Condesa e herbas da súa finca.

Ingredientes do Pan: Fariña de trigo, aceite de oliva, sal e lévedo. Condimentado con romeu e olivas negras e verdes.

Guiso: Carne picada de porco con allo, cebola, cenoria, cabaciño, cogomelos e berenxena.

Condimentado con nata, queixo, sal, pementa branca e negra.

Rematamos con rúcula e salsa agridoce.

ALÉRXENOS: Glute e lácteos.

HORARIO: MÍNIMO de 12h a 15h e de 19h a 23h., de martes a sábado.

CAFETERIA PERLA: O FESTIN DOS MOSCOSOS

CAFETERIA PERLA: O FESTÍN DOS MOSCOSOS

Brioche artesán recheo cun asado de porquiño do monte e verduriñas a baixa temperatura en forno de pedra.

Ingredientes do brioche: Ovos, leite, azucre, fariña, sal, masa nai, manteiga e mel de Vimianzo.

Ingredientes do asado: Xamón, cenorias, allos, cogomelos, cebollas e perexil condimentado con pementa negra, ourego, romeu, mostaza, aceite de oliva e viño albariño da casa.

Enchemos o panciño e rematamos con leituga, aros de cebola morada e rematamos co mollo do asado.

ALÉRXENOS: Glute, lactosa e ovos.

OPCIÓN 2: PAN SEN GLUTE para intolerantes, non alérxicos.

HORARIO: MÍNIMO de 12h a 15h e de 19h a 23h, de martes a sábado.
BODEGON A LAREIRA: CORPO DO PORCO O MODO ESTROGODO

BODEGÓN A LAREIRA: CORPO DO PORCO AO MODO ESTROGODO

Xamón mollado con compota de mazá, noces e queixo de cabra, tapado con verduras e regado con aceite de oliva.

ALÉRXENOS:MANTEIGA, MEL, OVO. Nota extra: MESTURA DE ESPECIAS (canela, cardamomo, pementa, cravo, noz moscada, coandro, fiúncho, comiño)

HORARIO: MÍNIMO de 12h a 15h e de 19h a 23h., de martes a sábado.

O AGOCHO: ENROLADO DE POLO

O AGOCHO: ENROLADO DE POLO

Peituga de polo picada con verduras cunha cama de leituga e envolto nunha torta de trigo.

HORARIO: MÍNIMO de 12h a 15h e de 19h a 23h., de martes a sábado.

A RUA: REVOLTA IRMANDIÑA

CAFÉ BAR A RÚA: REVOLTA IRMANDIÑA

Torrada de touciño con cogomelos, allo, pementa, ceboliño, queixo, manteiga e aceite de oliva.

Delicada torrada de touciño con cogomelos, condimentados cun mollo que combina de xeito exquisito allo, aceite de oliva, queixo e manteiga. Adornada con noces e ceboliño.

ALÉRXENOS: lácteos, frutos secos, glute.

HORARIO: MÍNIMO de 12h a 15h e de 19h a 23h, de martes a sábado.

ALGAREIRA: MELVIÑOS

ALGAREIRA: MELVIÑOS

Pan de orixe sefardí, con aspecto seco e textura rústica que se elaboraba só dúas veces á semana e se gardaba en vasos para ser humedecidos en mel ou viño. Estes bocados remóntannos a esa época e co engadido da redución de viño e a xelea de mel achéganos o toque de sabor e humidade para gozar nestes tempos.

ALÉRXENOS: MANTEIGA, MEL, OVO. Nota extra: MESTURA DE ESPECIAS (canela, cardamomo, pementa, cravo, noz moscada, coandro, fiúncho, comiño).

OPCIÓN 2: Teremos como cada ano a opción SEN GLUTE- SEN LACTOSA en colaboración e supervisión de ACEGA (Asociación de Celíacos de Galicia) – Unidades limitadas.

HORARIO: MÍNIMO de 12h a 15h e de 19h a 23h, de martes a sábado.

PETOUCO: GLOTON DE SABADELLE

PETOUCO: GLOTÓN DE SABADELLE

No noso pincho podes degustar un bolo cocido de pan de trigo, recheo de GLOTÓNS feitos en ALLADA e COGOMELOS, tapado cun ovo de paspallás, ave que segundo os mitos, está vinculada á creación dos deuses. Co noso GLOTÓN DE SABADELLE, podes disfrutar dunha mestura de sabores que permite estar entre o terrenal e o espiritual.

ALÉRXENOS: Glute, ovos e peixe.

HORARIO: MÍNIMO de 12h a 15h e de 19h a 23h., de martes a sábado.

CELME CAFÉ: TORRADA LACONADA

CELME CAFÉ: TORRADA LACONADA

Tosta de PAN artesán untada con QUEIXO CREMA , bañada con MOSTAZA MEL e con NOCES. Tapamos a untada con CANÓNIGOS da horta ecolóxica do Eroski e rematamos cubrindo con LACÓN AFUMADO.

ALÉRXENOS: Glute, lácteos, froitos secos, mostaza e soia.

HORARIO: MÍNIMO de 12h a 15h e de 19h a 23h, de martes a sábado (SÁBADO ata esgotar mercadoría).

RISCO: PITA DE ALTAMIRA

RISCO: PITA DE ALTAMIRA

Ás de polo asadas de forma tradicional ó lume, cun mollo de cebola, perexil, allo, pementa, vinagre e AOVE galego, encostrada en pan pita.

ALÉRXENOS: Glute.

HORARIO: MÍNIMO de 12h a 15h e de 19h a 23h, de martes a sábado.

O LAGAR DE MANUELA: TORRE DE MARTELO

O LAGAR DE MANUELA: TORRE DE MARTELO

Xabarín dos montes de Cures criado de xeito asilvestrado, mariñado exquisitamente pola nosa cociñeira e acompañado de puré de castañas da horta de Lito!!

ALÉRXENOS: Lactosa e glute.

HORARIO: MÍNIMO de 12h a 15h e de 19h a 23h, de martes a sábado.

MONTEVIDEO: ESPETADA PECAMINOSA DOS ALTAMIRA

MONTEVIDEO: ESPETADA PECAMINOSA DOS ALTAMIRA

Espeto de solombo de porco mariñado e acompañado de salsa especial entre bolo de pan cristal.

ALÉRXENOS: Glute, lácteos e ovos.

HORARIO: ININTERROMPIDO.

VIA RAPIDA: TAKEMURA

VIA RÁPIDA: TAKEMURA

Luras feitas á grella sobre base de arroz con cebola pochada, adornadas coa súa propia tintura.

ALÉRXENOS: Glute.

HORARIO: Só de 19h a 23h, de martes a sábado.

CASA LANDEIRA: PANO LABREGO

CASA LANDEIRA: PANO LABREGO

Filloa de pedra, carne de porco guisada con verduras. Filloa da pedra rechinante, rechea dun suculento guiso a base de carne de porco e verduras de tempada, rematado cunha salsa de queixo e crema.

ALÉRXENOS: Glute, ovo e lácteos.

HORARIO: ININTERROMPIDO.