Festival en Vimianzo, Asalto ao Castelo

Irmandades parroquiais

Portada · Actividades · Irmandades parroquiais

7
Irmandades parroquiais
As parroquias, asociacións ou mesmo grupos guiados da comarca histórica da Terra de Soneira (concellos de Vimianzo, Zas, Laxe, Camariñas e Cabana) unidos por un espírito de colectividade participan nas V Irmandades Parroquiais da Terra de Soneira.

A Irmandade Parroquial consiste nun desfile de parroquias formadas por mulleres, homes, nenas e nenos de todas as idades, que avanzarán dende diferentes puntos de saída até chegar ao centro da vila, a praza do concello, co obxectivo de reivindicar a Revolta Irmandiña.

Se queres participar, ponte en contacto connosco a través das nosas redes sociais.

Para seguir o desenvolvemento das Irmandades déixate sorprender no centro da vila desa hora, e baila con elas até chegar á praza. Desde aquí o agradecemento a todas as asociacións e veciñanza da comarca que fan posible este fermoso momento de unión.

Sábado 6 de xullo
17:30
📍 Praza da Igrexa – Praza do Concello