Unha divertida e entretida maneira de coñecer a historia do castelo de Vimianzo. As actrices e actores son a mocidade da vila.
“Donas e cabaleiros, oíde as historias de sereas e lobos. Bispos e señores. Fouces e martelos. Tedes sorte de poder facer esta viaxe, que a poucos mortais se lles ofrece. Os séculos pasarán polos vosos ollos sen que se vos quede ningunha engurra.”
Sábado 6 de xullo
17:30 | Viaxe no Tempo. Historia Dramatizada do Castelo
📍 Patio de Armas do Castelo