Festival en Vimianzo, Asalto ao Castelo

Cea medieval

Portada · Actividades · Cea medieval

7
Cea Medieval

Unha das actividades do Asalto que esperta máis interese é a Cea Medieval. Con doce edicións, xa é unha das actividades máis esperadas do Asalto e cada ano aumenta o número de peticións de entradas para degustar un menú propio da época no venres previo ao Asalto, este ano 2024 é o 5 de xullo. O entorno no que se sitúa a cea, o foso do castelo, é un dos elementos que máis atrae ás xentes, sendo tamén o que limita o evento, pois nel non podemos reunir máis de 500 comensais.

Ao igual que o ano pasado, e co gallo de evitar calquera inxustiza, procedemos a aclarar como será o sistema de venda de entradas (prezo de 35 €) para a XIII Cea Medieval.

1) Haberá un primeiro prazo de venda de entradas para patrocinadores. Este prazo comeza o 25 de abril e remata o 1 de maio. Tan só certo patrocinadores terán dereito a estas entradas, tal como estipulan as bases dos patrocinios.

2) A partir das 12:00 do 2 de maio e até esgotar existencias poranse en venda as entradas que queden libres. O máximo número de entradas que se poderán comprar nunha única operación é de 4. As entradas son nominativas, polo que á hora da compra deberase identificar o nome, apelidos e localidade de cada comensal. As entradas tan só se poderán obter a través do portal de venda online www.woutick.es (ENTRADAS ESGOTADAS)

As portas para os comensais abrirán ás 21h. e a comida comezará a servirse ás 21:30h., entre mentres amenizaremos cun enlace irmandiño.

LEMBRA: obrigatorio vir vestido de época.

Entrada libre a partir de media noite

Xa é un clásico a véspera musical do venres do Asalto ao Castelo. Apostamos por un festival de dous días, cunha noite de concertos que terá lugar tralo remate da Cea Medieval.

Para aqueles que queiran vir á sobremesa e aos concertos, as portas abrirán a partir da 00:30h da madrugada (Concertos de Mondra e Monoulious Dop).

A entrada aos concertos do venres 5 de xullo é gratuíta e realízase pola casa da Botica (casa á esquerda da entrada ao castelo de Vimianzo).

Venres 5 de xullo
21:00
📍 Foso do castelo
Cea Medieval en Vimianzo
Cea Medieval en Vimianzo