Festival en Vimianzo, Asalto ao Castelo

Asaltiño

Portada · Actividades · Asaltiño

7
Asaltiño

O Asalto para nenos. A incrible resposta dos anos precedentes augura outra edición espectacular. Consta de tres fases in crescendo, desde a posta en escena da actividade, pasando pola feroz batalla de globos contra os señores feudais e concluíndo polo clásico e máxico momento do ariete, ante o que se rebelan as novas tropas irmandiñas. A asociación amiga AXVALSO presenta a súa versión infantil da Historia dunha maneira que namora. Inesquecible, e non só para a rapazada.