Asalto ao Castelo. Representación.
Despois do primeiro concerto da noite, a música interrómpese para deixar paso ao teatro.
Cea Medieval
Unha das actividades máis esperadas para degustar un menú propio da época no venres previo ao Asalto.
Pinchos irmandiños
Organizado pola hostalería de Vimianzo.
Asaltiño
O Asalto para nenos.
A incrible resposta dos anos precedentes augura outra edición espectacular.
Irmandades parroquiais
As parroquias, asociacións ou mesmo grupos guiados da comarca histórica da Terra de Soneira (concellos de Vimianzo, Zas, Laxe, Camariñas e Cabana).
Historia dramatizada do castelo
Unha divertida e entretida maneira de coñecer a historia do castelo de Vimianzo. As actrices e actores son a mocidade da vila.
Legua irmandiña
Ao abeiro da festa do Asalto ao Castelo, organízase esta carreira popular, cunha distancia baseada nas antigas unidades de medida.
Feira artesanal
Situada na praza do Concello e na rúa Vázquez Mouzo, contará cos atractivos derivados da ampla variedade artística que animará esa zona en todo momento.