Encadrada no programa de actividades do Asalto ao Castelo, volverá ter cabida na praza do Concello e na rúa Vázquez Mouzo e contará cos atractivos derivados da ampla variedade artística que animará esa zona en todo momento.
O prazo para apuntarse como feirante xa está aberto, os interesados en participar deberán ter en conta e aceptar as seguintes bases:
Débese formalizar a inscrición en tempo e forma. O prazo para inscribirse remata o mércores 3 de xullo. A inscrición será realizada, exclusivamente, de forma telemática a través do formulario que aparece enlazado na parte inferior. A maiores deberá achegarnos un foto do posto a través do seguinte enderezo feiraartesanalasaltoaocastelo@gmail.com
Unha vez presentada a solicitude de participación, a organización revisara a mesma e contestará aceptándoa ou non. De ser aceptada a solicitude deberá proceder ao pago do importe indicado no punto seguinte e enviarnos o xustificante do mesmo, onde figure o nome e apelidos do feirante, o nome do posto e sinalando como concepto “FEIRA ARTESANAL”. Este pode ser fotografado ou escaneado e enviado a través do correo (feiraartesanalasaltoaocastelo@gmail.com).
Debe aboar o seguinte importe en función da medida do largo do posto: de 1 a 3 metros=40€, de 4 a 6metros=60€ e de 7 a 9 metros=80€. O ingreso realizarase no seguinte número de conta (ES14 2080 0082 4630 4000 8967 – Abanca). O costo real dos postos será de 10€, 20€ e 30€ euros, respectivamente, para cada tramo, o importe restante actúa como fianza e seralle devolto no caso da súa asistencia á feira. No caso de que as medidas rexistradas na inscrición non coincidan coas reais trala montaxe, non se devolverá a fianza. De non asistir á feira non se devolverá o importe da fianza, sexa cal sexa a causa da ausencia.
Os postos colocaranse nas zonas habilitadas para tal efecto o día da feira, previa autorización da persoa coordinadora da feira, polo que ningún posto se pode montar sen antes obter autorización. NON nos rexeremos polo criterio de orde de chegada para escoller o punto de colocación. Haberá zonas nas que estará prohibido colocarse, debido a que se utilizarán por parte da organización da festa para a realización das diversas actividades dese día. A orde de inscrición será un criterio a seguir á hora de asignar os puntos de montaxe naqueles casos que haxa conflito de intereses. Debido a que no momento da montaxe se acumulan moitos coches na praza, os feirantes deberán descargar o seu material e sacar os coches tan pronto como poidan antes de poñerse coa montaxe. No caso de non seguir este procedemento a Policia Local terá potestade para obrigar ao desaloxo do coche ou mesmo multar. Para a recollida dos postos, non se poderá acceder á praza con coches antes das 21h, si alguén quixera desmontar antes, poderá facelo, pero sen entrar co coche na praza.
NON se aceptan postos de revenda nin de produtos de segunda man, tan só postos de venda de produtos artesanais. Tampouco se aceptan postos que ofrezan comida ou bebida. Porén, si se aceptan os produtos ecolóxicos/naturais, sempre que non estean destinados a seren consumidos durante a feira.
Prégase que os feirantes vistan ao xeito medieval e que decoren e ambienten o posto acorde á época que representa o Asalto. Este ano haberá un concurso entre os postos participantes no que se valorará a decoración e ambientación. O premio para o gañador será a inscrición gratuíta (devolveráselle a fianza e a cota de participación) e tamén se lle dará un elemento de merchandising da festa.
A organización resérvase o dereito a excluír, o propio día da feira, a aqueles postos que non cumpran coas bases aquí establecidas, quedando estes fóra da feira artesanal. No suposto caso de realizar o ingreso e non cumprir coas bases actuais, os cartos non lle serán reembolsados. Do mesmo xeito, os cartos tampouco lle serán reembolsados se finalmente o posto non puidese asistir á feira.
Dado que na actividade do Asaltiño se utilizan pistolas de auga, nun momento puntual, é moi recomendable traer algún material para protexer a mercancía exposta no posto. A organización non se fai responsable da deterioración que se poidan producir.
Para máis información: feiraartesanalasaltoaocastelo@gmail.com
Sábado 6 de xullo
Todo o día
📍 Praza do Concello e na rúa Vázquez Mouzo