Festival en Vimianzo, Asalto ao Castelo

A mítica banda de punk rock BOIKOT estará no Asalto ao Castelo de Vimianzo

Portada · Novas · A mítica banda de punk rock BOIKOT estará no Asalto ao Castelo de Vimianzo

7
A mítica banda de punk rock BOIKOT estará no Asalto ao Castelo de Vimianzo

Novo grupo desvelado do cartel preparado para a 27ª edición do Asalto ao Castelo de Vimianzo. O grupo de punk rock urbano español Boikot subirase ao palco irmandiño, na mesma noite na que Manu Chao acústico ofrecerá un histórico concerto nesta Festa declarada de Interese Turístico de Galicia.
Boikot é un clásico do punk, nacido en Madrid en 1987. As súas letras combativas e de compromiso social traspasaron fronteiras, xirando habitualmente por América latina e Europa. A banda foi fundada por Alberto Pla, xunto ao baixista Juankar Cubano e o batería Xabi Flores.
O seu directo potente, festivo e reivindicativo poderase gozar na noite do sábado 6 de xullo, na que aínda faltan máis artistas por confirmar.
Será a mesma noite que abrirá Manu Chao acústico, para o que xa están as entradas á venda en asaltoaocastelo.gal. En menos de 24 horas xa se esgotou máis dun terzo da capacidade deste concerto, polo que desde a organización recomendamos conseguir a entrada canto antes para asegurar poder gozar dun histórico momento.

Comparte!