Unha das actividades do Asalto que esperta máis interese é a Cea Medieval. Con catorce edicións, xa é unha das actividades máis esperadas do Asalto e cada ano aumenta o número de peticións de entradas para degustar un menú propio da época no venres previo ao Asalto, este ano 2026 é o 3 de xullo. O entorno no que se sitúa a cea, o foso do castelo, é un dos elementos que máis atrae ás xentes, sendo tamén o que limita o evento, pois nel non podemos reunir máis de 500 comensais.
Ao igual que o ano pasado, e co gallo de evitar calquera inxustiza, procedemos a aclarar como será o sistema de venda de entradas (prezo de 40 €) para a XV Cea Medieval.
1) Haberá un primeiro prazo de venda de entradas para patrocinadores. Este prazo comeza o 1 de maio e remata o 19 de maio. Tan só certos patrocinadores terán dereito a estas entradas, tal como estipulan as bases dos patrocinios.
2) A partir das 10:00h. do 28 de maio e até esgotar existencias poranse en venda as entradas que queden libres. O máximo número de entradas que se poderán comprar nunha única operación é de 4. As entradas son nominativas, polo que á hora da compra deberase identificar o nome, apelidos e localidade de cada comensal. As entradas tan só se poderán obter a través do portal de venda online www.woutick.es
As portas para os comensais abrirán ás 21:00h. e a comida comezará a servirse ás 21:30h., entre mentres amenizaremos cun enlace irmandiño.
LEMBRA: obrigatorio vir vestido de época.
Concertos a partir das 23:30
Xa é un clásico a véspera musical do venres do Asalto ao Castelo. Apostamos por un festival de dous días, cunha noite de concertos que terá lugar tralo remate da Cea Medieval, pero este ano con novidades.
A entrada aos concertos do venres 3 de xullo xa se pode comprar en Woutick e este ano por segunda vez na mesma zona de concertos do sábado.
Venres 3 de xullo
21:00
📍 Foso do castelo