Xoias Silvereira
O ariete é madeira. Imaxinas levalo contigo durante todo o ano?
🔥 Colaboramos co obradoiro artesán Silvereira para crear esta colección exclusiva de xoias cos nosos elementos máis senlleiros: o lume e o ariete.
Poderás lucilo en pulseiras ou pendentes de diferentes tamaños e cores, de madeira de ameneiro galego montada en prata. Que che parecen? ✨
🛍️ Consígueos xa no noso stand irmandiño, na praza do Concello!